Datos da entidade
En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, infórmase que o titular deste sitio web é:
- Denominación: Foro Galicia e Valle-Inclán
- CIF: G44838357
- Domicilio: Rúa Romero Donallo 31 – 15706 Santiago de Compostela, España
- Correo electrónico: info@forogaliciaevalleinclan.com
- Web: https://forogaliciaevalleinclan.com
Todas as notificacións e comunicacións entre as persoas usuarias e a entidade consideraranse eficaces, a todos os efectos, cando se realicen a través de correo postal ou calquera outro dos medios anteriormente indicados.
Condicións de acceso e utilización
O presente aviso legal regula o uso do sitio web https://forogaliciaevalleinclan.com (en diante, A WEB), do que é titular Foro Galicia e Valle-Inclán.
A navegación pola web atribúe a condición de persoa usuaria e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal, que poderán ser modificadas.
O acceso ao sitio web é libre e gratuíto. Non obstante, a entidade poderá condicionar a utilización dalgúns dos servizos ofrecidos á previa cumprimentación do correspondente formulario.
Todos os contidos do sitio web, como textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconas, tecnoloxía, software, así como o seu deseño e códigos fonte, constitúen unha obra propiedade da entidade, sen que poidan entenderse cedidos á persoa usuaria ningún dos dereitos de explotación máis alá do estritamente necesario para o correcto uso da web.
A persoa usuaria garante a autenticidade e actualidade dos datos que comunique e será a única responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice.
A persoa usuaria comprométese a facer un uso correcto da web de conformidade coa lei, a boa fe, a orde pública e o presente Aviso Legal. Será responsable fronte á entidade ou fronte a terceiros de calquera dano ou prexuízo que puidese derivarse do incumprimento desta obriga.
Política de ligazóns e exención de responsabilidade
A entidade non se fai responsable do contido das páxinas web ás que a persoa usuaria poida acceder a través das ligazóns incluídas na web e declara que en ningún caso examinará nin exercerá control sobre os contidos doutras páxinas da rede.
Tampouco garante a dispoñibilidade técnica, exactitude, veracidade, validez ou legalidade de páxinas alleas á súa propiedade ás que se poida acceder mediante ligazóns.
A entidade declara ter adoptado todas as medidas necesarias para evitar danos ás persoas usuarias derivados da navegación. En consecuencia, non se fai responsable dos eventuais danos que poidan producirse polo uso de Internet.
Uso de cookies e datos estatísticos
Esta páxina web pode recoller datos das persoas usuarias mediante o uso de cookies, co fin de obter información relacionada coa navegación.
Para coñecer de forma clara e precisa as cookies utilizadas, as súas finalidades e como configuralas ou deshabilitalas, consulte a nosa política de cookies.
A persoa usuaria pode configurar o seu navegador para ser informada da recepción de cookies e, se o desexa, impedir a súa instalación no seu dispositivo.
Protección de datos
No caso de que se recollan datos de carácter persoal a través da web, para máis información consulte a política de privacidade.
Resolución de controversias, lexislación aplicable e xurisdición
As presentes condicións rexeranse pola lexislación española. Para a resolución de calquera controversia, as partes someteranse aos xulgados e tribunais do domicilio da entidade responsable do sitio web.
No caso de que algunha das disposicións deste Aviso Legal resulte inexixible ou nula, iso non afectará ao conxunto do documento. Nese caso, procederase á súa modificación para garantir a súa validez mantendo, na medida do posible, o seu sentido orixinal.